ABORTO LIBRE E GRATUÍTO: As mulleres decidimos!

AlertaFeminista!!

Xa coñeces as convocatórias na tua cidade? Entérate e mobilizate! + info aquí

AlertaFeminista!!

Já conheces as convocatórias na tua cidade? Inteira-te e mobiliza-te! + info aquí

AlertaFeminista!!

Xa coñeces as convocatórias na tua cidade? Entérate e mobilizate! + info aquí

AlertaFeminista!!

Xa coñeces as convocatórias na tua cidade? Entérate e mobilizate! + info aquí

AlertaFeminista!!

Já conheces as convocatórias na tua cidade? Inteira-te e mobiliza-te! + info aquí

Precisamos do teu apoio para continuarmos coas actividades da Plataforma. Moitas grazas!!

As mulleres decidimos!

O PP e o seu Ministro de (in)Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón, anunciaron o 20/12/2013 un cambio lexislativo en materia de IVE que nos devolverá máis atrás de 1985, coa volta a un sistema de supostos.

Que di a actual Lei?

A chamada "lei de prazos", actualmente vixente, permite á muller embarazada realizar unha interrupción do embarazo se así o decide dentro das 14 primeiras semanas, dentro do sistema público de saúde e de forma gratuíta.

Que supón o cambio?

    Aborto diferente para ricas e pobres: supón volver a un tempo onde, as que podían, viaxaban ao estranxeiro e as que non, abortaban clandestinamente arriscando as súas vidas.

Que supón o cambio?

    Que a liberdade das mulleres para decidir sobre o seu propio corpo se vexa permanentemente axuizada polo goberno que está a promover recortes que fan que as nosas vidas se precaricen até o extremo.

AlertaFeminista!!



Prevese que a lei do aborto sexa levada ao Consello de Ministerial nas proximas datas por iso a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca á cidadania galega a permanecer alerta e a amosar a unidade, a enerxia de todas as mulleres galegas e mesmo o acompañamento de moitos na defensa dos nosos dereitos e sair á rúa no día en que a contrareforma for levada ao Consello ministerial polo misóxino ministro de (in)Xustiza Gallardón.


Estamos a vivir nunha situación na que as mulleres vemos como os nosos Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos están a ser atacados, e no que non se nos deixa decidir sobre o noso corpo. Hoxe a loita feminista cobra moita máis importancia non só para combater as políticas de cortes da dereita, mas tamén na defensa das nosas liberdades, de ser nais ou de non o sermos, de ter dereito a un aborto libre, gratuíto e na sanidade pública.



Continuamos na loita. Polo dereito das mulleres a decidirmos sobre os nosos corpos!!!

Integran a Plataforma:


Acción Universitaria, AGIR, Andaina, ANOVA, A.C. Almuinha, Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Assembleia de Mulheres do Condado, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación feminista Buserana, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, AMI, Asociación Nós Mesmas, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, Asociación Ve-la luz, BNG, Briga, Causa Galiza, CCOO de Galicia, Comités, Compromiso por Galicia, Conas Ceives, Consello Municipal da Muller de Vigo, COSAL Costa da Morte, CIG, CUT, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Esquerda Anticapitalista, STEG, Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR), Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC), Feministas Independentes Galegas (FIGA), Foro Feminista Falando Nós, FPG, Grupo GTB 7 cores, ISCA!, Liga Estudantil Galega, Marcha Mundial das Mulleres, Médicas do mundo, Mocidade Nacionalista Galega, Mulleres en Acción do Barbanza, Mulleres Luguesas contra a violencia de xénero, Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), Mulleres progresistas Alba, Mulleres progresistas de Poio, NÓS-UP, Observatorio Feminista de Saúde da Coruña, Observatorio Feminista de Saúde da Coruña, Observatorio da Mariña pola Igualdade, Partido Comunista de Galicia (PCG), Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, Plataforma SOS Sanidade Pública, PSdeG-PSOE, Rede de Mulleres contra os malos tratos de Vigo, Rede Feminista Galega, Rede provincial Pontevedra pola Igualdade, Sindicato Labrego Galego, Sociedade Galega de Sexoloxía, UGT Galicia, Unións Agrarias-UPA Galicia, USTG, Viudas Demócratas de Vigo, Xuventude Comunista de Galiza, Xuventudes Socialistas de Galicia


Apoian a Plataforma:


Deputación de Lugo